O Samsung Galaxy S estréase en cor rosa
martes, 21 de setembro do 2010
A febre cromática na electrónica de consumo é inevitable, e
finalmente chegou a un dos móbiles máis prometedores deste ano, o Samsung
Galaxy S, que vén
de estrear unha versión Femme no
Xapón que destaca por contar cunha carcasa de cor rosa pensando no público
feminino (asà como unha pantalla con tecnoloxÃa Gorilla Glass, que mellora a
súa resistencia), e que tamén incluirá unha tarxeta microSD de 4 Gb e varias
cremas e maquillaxe da marca AVEDA, da que tamén achégase unha aplicación
preinstalada no móbil que facilita consellos sobre o coidado da pel e o cabelo.
Resulta curioso ver como Samsung e AVEDA non se limitaron a mudar a cor do
terminal, senón que véndeno nun paquete máis propio das perfumerÃas que das
tendas de telefonÃa móbil, o que por outra banda parece todo un acerto se
pensamos no público ao que vai dirixido.