O Samsung Galaxy Note8 terá dobre cámara e Pantalla Infinita de 6,3 polgadas
mércores, 23 de agosto do 2017
Tras os
problemas coas baterÃas incendiarias
do Galaxy Note7 parecÃa que a propia liña de móbiles Note de Samsung poderÃa
chegar a desaparecer, pero pese aos perigos de usar un Note7 habÃa usuarios que
resistÃanse a desfacerse del, polo que ao final Samsung decidiu manter a serie
de teléfonos con S Pen nacida en 2011, de xeito que hoxe xa é oficial o Samsung Galaxy Note8.
O Note8 non só continúa o camiño iniciado polo Note7, senón que tamén abraza as
innovacións introducidas polos Galaxy S8 e S8+, ou sexa, que temos asà un
smartphone con Pantalla Infinita de 6,3 polgadas (cun panel Super AMOLED de
2.960 x 1.440 pÃxeles) que ao contar con lapis dixitalizador ofrece grandes
posibilidades, como a utilización de dúas aplicacións á vez en pantalla dun
xeito cómodo. O S Pen tamén pode empregarse para crear mensaxes vivas (imaxes GIF animadas nas que ver texto animado ou
procesos de debuxado) e, como xa pasaba co Note7, conta tamén coa posibilidade
de marcar texto para poder traducilo automaticamente a 71 idiomas ou para
converter unidades de medida ou calcular o cambio de moedas.
Cando o Galaxy S8 chegou ao mercado non foron poucos os que botaron en falta a
dobre cámara traseira, por ser a tendencia actual no mercado, e finalmente é o
Note8 o primeiro móbil de Samsung o que conta con dobre cámara, o que
conseguiron facer de xeito exemplar, xa que as súas dúas cámaras traseiras de
12 MpÃxeles incorporan estabilización óptica de imaxe, o que poderÃa supor unha
mellora considerable das imaxes tanto coa cámara de grande angular como
empregando a que definen como de teleobxectivo. Estas cámaras gozan de lentes
f/1.7 e f/2.4 e sensor Dual Pixel, e conseguen o equivalente a facer un zoom
óptico de 2x, e outro detalle a salientar é que o seu sistema de enfoque
selectivo, ideal para retratos nos que queiramos que o fondo apareza
desenfocado, poderá axustarse a
posteriori. Tamén sorprende a función Dual Capture, coa que tras encadrar
unha fotografÃa coa cámara traseira normal
poderase ver tamén a imaxe que capta a cámara de grande angular, de xeito que asÃ
poderase gozar dos momentos que poderÃan haberse perdido. A cámara frontal é de
8 MpÃxeles con apertura f/1.7, o que tamén consegue uns selfies bastante
Outros detalles destacables do Note8 é que é resistente á auga e ao po (IP68),
conta con carga rápida sen fÃos, incorpora numerosas tecnoloxÃas de seguridade
(escaneo de iris e de pegadas dixitais e Samsung Knox), é compatible coas bases
Samsung DeX (que permiten empregar o teléfono como se fose un ordenador de
escritorio) e incluso pode presumir de moita capacidade (inclúe 6 GB de RAM e a
súa memoria poden ampliarse con tarxetas de até 256 GB).
Desta volta Samsung non parece querer arriscarse coa baterÃa, e conformouse
cunha de 3.300 mAh, e como sorpresa para moitos, o dispositivo chegará a España
tanto na súa edición tradicional (a que previsiblemente comercializarán os operadores
de telecomunicacións) como no seu modelo Dual SIM, confiándose en que chegue ao
mercado o 12 de setembro, estando xa aberto o seu proceso
de reserva a través da páxina web de Samsung e de numerosos distribuidores.
O prezo oficial ao que chegará a España o Sasmsung Galaxy Note8 con 64 GB de
almacenamento interno é de 1.010,33 euros, o que supón unha grande aposta para
o fabricante surcoreano, xa que superar a barreira dos mil euros nun smartphone
é algo complicado para un teléfono con Android, pese a que estamos ante o que
claramente é o teléfono móbil máis completo do mercado, e ante o que o vindeiro
iPhone terá as cousas complicadas para competir.
- O Samsung Galaxy Note8 estará dispoñible en 4 cores distintas
VÃdeo de presentación do Galaxy Note8