O Nokia N82 integra nun elegante móbil unha cámara de 5 MpÃxeles e conectividade HSDPA, Wi-Fi e Bluetooth
mércores, 14 de novembro do 2007
Nokia presentou oficialmente o seu terminal N82 que
se sitúa no mercado coma un dos modelos máis atractivos ó combinar á perfección
capacidades multimedia con conectividade 3G, xunto con outras prestacións que o
fan rivalizar co móbil estrela da tempada: o Nokia N95.
O Nokia N82
soporte HSDPA (3G) para conectarse á Internet a grande velocidade, conta cunha
cámara de 5 MpÃxeles con Flash incorporado e óptica Carl Zeiss, dispón de Wi-Fi,
Bluetooth (con soporte A2DP, ou sexa, estéreo sen fÃos), GPS, unha pantalla de
2,4 polgadas cunha resolución de 320x240 pÃxeles, conector para auriculares,
interface microUSB (actual estándar para móbiles) e lector de tarxetas microSD
para o almacenamento de contidos multimedia.
O novo terminal da serie N fai uso do sistema operativo S60 na súa terceira edición,
detectando a disposición do móbil para rotar a súa pantalla segundo sexa
preciso e tamén poderá acceder ós xogos que Nokia comercializará a través da súa
plataforma Obi.
O
prezo de venda deste elegante e completo móbil é de 450 euros, que como vén
a ser habitual, é unha cantidade que se pode reducir considerablemente ó entrar
en xogo as subvencións das operadoras de telefonÃa móbil.