O Nokia 8800 Carbon Arte preséntase coma un terminal de luxo
martes, 19 de agosto do 2008
Pensando nos
usuarios que queren ter o seu móbil coma un sinal de identidade dende Nokia
presentan o seu novo Nokia
8800 Carbon Arte, un novo terminal que fabricado en fibra de
carbono, titanio e aluminio, que o dotan unha aparencia atractiva, un tacto
agradable e un deseño realmente elegante apoiado por fondos de pantalla e sons
exclusivos que completan a súa coidada estética.
Tecnicamente o Nokia 8800 Carbon Arte é un móbil 3G con cámara de 3,2 MpÃxeles,
4 Gb de memoria interna, lector de tarxetas microSD, pantalla OLED e
recubrimento especial para non deixar pegadas na súa superficie.
AÃnda que estas caracterÃsticas non sexan especialmente destacables, incorpora
detalles coma o feito de que amose o reloxo en pantalla de prememos un par de
veces sobre a superficie de aceiro debaixo da pantalla ou poderemos silenciar
unha chamada dándolle a volta ao móbil (o que resulta bastante discreto).
Este elegante móbil chegará ás tendas durante o presente trimestre, aÃnda que o
seu prezo non está ao alcance de todos os petos, xa que é de 1.100 euros (sen
ter en conta subvencións nin impostos).