O Messenger celebra o seu 10º aniversario
mércores, 22 de xullo do 2009
O servizo de
mensaxerÃa instantánea de Microsoft, o MSN Messenger, cumpre hoxe 10 anos de
vida, chegando a imporse como plataforma de comunicación en tempo real en boa
parte do mundo (coma en España, onde a aplicación coñécese directamente coma Messenger obviando a existencia de
alternativas de Yahoo! ou AOL, entre outros).
O Windows Live Messenger (nome que recibe actualmente o servizo) conta
actualmente con 323 millóns de usuarios en todo o mundo (16 millóns
en España) e agora celebra
a súa primeira década de actividade dende unha páxina web creada para a ocasión,
na que os usuarios poden compartir as súas experiencias, descargar emoticonas
de balde e facer un repaso da vida do servizo.
Inicialmente o Messenger limitábase a comunicación de texto, pero pouco a pouco
foi medrando en posibilidade, incorporando funcionalidades propias do
Netmeeting e doutras aplicacións, de xeito que agora serve tamén para
establecer conferencias de audio e vÃdeo, compartir arquivos, xogar ou tomar o
control remoto do escritorio (para axudar a resolver problemas puntuais) e
incluso desligouse do escritorio, contando con versións móbiles.

- O Messenger era bastante distinto hai 9 anos</A>
