O LG Velvet inicia a súa comercialización internacional
luns, 15 de xuño do 2020
LG
está a tomar con moita calma o lanzamento internacional do seu novo móbil insignia,
o LG Velvet, que a
primeiros de maio púxose á venda en Corea do Sur a un prezo que ao cambio
aproxÃmase aos 658 euros, e por fin anuncia
que nas vindeiras semanas chegará a Alemaña, Italia, HungrÃa, Polonia e España,
ou sexa, que confÃase en que chegue ás tendas este mesmo mes.
Este novo smartphone presenta unha pantalla P-OLED de 6,8 polgadas e formato case
cinematográfico (20,5:9), que integra unha cámara frontal (de 16 MpÃxeles) nunha
pequena pestana superior (tipo pinga), funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon
765G, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas de memoria
de até 2 TB), cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 MpÃxeles, Wi-Fi
5, Bluetooth 5.1, NFC e baterÃa de 4.300 mAh. Como accesorio conta cunha pantalla
secundaria co mesmo tamaño e prestacións que a tamaña principal do dispositivo,
que busca achegar unha experiencia de dobre pantalla que pode entenderse como un
xeito de achegar a experiencia dun móbil encartable a un prezo contido. A
pantalla secundaria é compatible con certos stylus compatibles,
conseguindo asà unha experiencia de uso moi completa.
Estamos ante un smartphone que dificilmente entenderemos como de gama alta, o
que dificultará claramente a súa comercializacion.
- O LG Velvet permite usar un stylus na súa pantalla secundaria