O LG P300 como alternativa ao MacBook Air

venres, 6 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O MacBook Air de Apple, portátil ultrafino e de lixeiro peso que pretende achegar unha mobilidade próxima á dos ordenadores ultraportátiles ten xa unha resposta de LG, que coa súa serie P300 combina os mesmos elementos de éxito.
O LG P300 ten unha pantalla con retroiluminación LED de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, pesa só 1,6 quilogramos e funciona cun procesador Intel Core 2 Duo T9300 a 2,5 GHz, 4 GB de RAM, 320 Gb de disco duro SATA, lector de tarxetas de memoria, unha tarxeta gráfica nVIDIA 8600M e, se diferenza especialmente do portátil de Apple por incorporar 3 portos USB (e non só 1) e unha gravadora de DVD.
Este portátil, que funciona co sistema operativo Windows Vista Home Premium, vén de chegar ao mercado español a un prezo de 1.799 euros.

PUBLICIDADE