O LG G8X chegará ao mercado en novembro
mércores, 23 de outubro do 2019
O LG
G8X recuncou no concepto de smartphone con pantalla secundaria opcional,
como xa fixera o LG
V50 ThinQ 5G, buscando asà unha experiencia de uso semellante a que
teriamos con dispositivos como o Samsung Galaxy Fold, pero sen ter que pagar 2.020
euros nin ter un dispositivo extremadamente fráxil, ou sexa, unha solución que
busca atender certas demandas de uso mentres os teléfonos flexibles non
maduran.
Este novo smartphone presentouse na feira IFA de BerlÃn, e agora anuncian
que o vindeiro 1 de novembro sairá á venda nos EE.UU. a un prezo de 699
dólares (ofrecendo
AT&T facilidades de compra a prazos), para chegar nas seguintes semanas
a Brasil, Alemaña, Xapón, TurquÃa, México e España.
O LG G8X é o móbil insignia de LG, que engade unha segunda pantalla OLED
mediante unha funda en formato de libro, de xeito que tanto pode levarse o
móbil de xeito normal como coa pantalla adicional. O uso das dúas pantallas de xeito
simultáneo abre posibilidades multimedia, de produtividade e de lecer, de xeito
que en moitas ocasións unha das pantallas poder empregarse como se fose un
dispositivo de entrada (un teclado ou un gamepad), mentres que noutras ocasións
simplemente é un complemento para maximizar a multitarefa. Unha interesante
proposta que engade valor a un smartphone con pantalla OLED de 6,4 polgadas,
cámara traseira dual de 12 e 13 MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles,
altofalantes de grande potencia, procesador Qualcomm Snapdragon 855, 6 GB de
RAM, 128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até
2 TB, lector de pegadas en pantalla, resistencia IP68 á auga e ao po e baterÃa
de 4.000 mAh.
VÃdeo promocional do LG G8X con dobre pantalla