O Jabra Clipper leva o Bluetooth aos nosos auriculares favoritos

martes, 16 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O mes que vén sae a venda por 49,99 euros o Jabra Clipper, un dispositivo Bluetooth que incorpora un conector para auriculares estándar de xeito que podemos aproveitalo para escoitar música dende o noso teléfono móbil ou reprodutor multimedia librándonos de cables e permitindo o acceso ás funcións de pausa, salto de pistas ou modificación de volume nun pequeno clip, e incluso está preparado para que, se recibimos unha chamada no móbil, esta pase a primeiro plano nos auriculares.
O Jabra Clipper inclúe uns auriculares con illamento de ruído, pero pode empregarse con outros; pode prenderse na roupa de xeito doado; pesa só 20 gramos; e goza dunha autonomía de 6 horas (con 8 días en espera).

PUBLICIDADE