O HTC One ME será o smartphone insignia asumible grazas á súa carcasa de policarbonato

xoves, 4 de xuño do 2015 Marcus Fernández

HTC continúa a estrear variantes do seu popular smartphone HTC One, achegando agora ao mercado chinés o interesante HTC One ME, moi semellante ao HTC One M9+, pero abandonando o seu corpo metálico para restrinxir o metal só ao seu marco, o que debería ter un claro impacto no seu prezo.
O HTC One ME sería un terminal 4G con pantalla de 5,2 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles, procesador MediaTek Helio X10 de 8 núcleos a 2,2 GHz, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDXC de até 2 TB), cámara traseira de 20 Mpíxeles e cámara frontal UltraPixel, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, NFC, infravermellos, lector de pegadas dixitais, batería de 2.840 mAh, un grosor de 9,75 milímetros e un peso de 155 gramos.
Un terminal a ter moi en conta, aínda que parece difícil que o vexamos no noso territorio, cando menos na súa configuración actual con dobre nano SIM. Conta con carcasa de policarbonato en tres cores disintas e tamén incorpora altofalantes HTC BoomSound.

O smartphone de HTC integra un lector de pegadas dixitais

PUBLICIDADE