O HTC One (M8) protéxese da auga no mercado xaponés

xoves, 31 de xullo do 2014 Marcus Fernández

HTC leva tempo sacando versións alternativas dos seus móbiles insignia para o mercado xaponés, e o HTC One (M8) non podía ser menos, de aí que KDDI vai comercializar no territorio nipón o HTC J Butterfly, que prescinde do acabado metálico do smartphone orixinal para adoptar unha carcasa de plástico que permítelle superar a certificación IPX7, ou sexa, que é capaz de soportar até 30 minutos somerxido en auga a 1 metro de profundidade.
Outro cambio deste terminal sería prescindir da criticada cámara UltraPixel integrar unha máis tradicional cámara de 13 Mpíxeles, o que facilítalle a súa comparación co resto de smartphones de alta gama do mercado (xa que o público xeral non parece entender a proposta de HTC de mellorar a percepción de cada píxel no sensor da cámara en vez de incrementar o número de puntos captados).
En especificación temos un terminal LTE con pantalla Full HD de 5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 Gb, a mencionada cámara traseira de 13 Mpíxeles (acompañada por un sensor de profundidade de 2 Mpíxeles), cámara frontal de 5 Mpíxeles con grande angular (pensando nas auto-fotos e na videoconferencia), Wi-Fi AC, batería de 2.700 mAh e sistema operativo Android 4.4 con HTC Sense 5.

JPEG - 95.7 KB
O novo smartphone de HTC para o mercado xaponés conta cunha cámara de 13 Mpíxeles que aproveita un sensor de profundidade de 2 Mpíxeles para disparar mellores fotografías

PUBLICIDADE