O Fire TV Cube leva as videoconferencias ao televisor
xoves, 3 de decembro do 2020
Hai un par de meses
chegou a España o Fire TV Cube, un dispositivo baseado en Android que
permite dotar a un televisor de capacidades de Smart TV, á vez que potencia o
uso do asistente de voz de Amazon tanto para o control multimedia como para
manexar a electrónica do fogar. Pero este dispositivo está a ampliar as súas
posibilidades dun xeito que resulta un tanto sorprendente, xa que percorre un
camiño que outros fabricantes abandonaron hai anos: a videoconferencia no
televisor.
O
Fire TV Cube está a recibir a opción de realizar videoconferencias de Alexa,
ou sexa, que facilita a comunicación en vÃdeo con smartphones, tabletas e
dispositivos Echo con cámara (como os Echo Show) para o que chega con conectar
unha webcam USB que soporte o estándar UVC como as Logitech C920/C922x/C310, a
Aukey PC-LM1E ou a Wansview 101JD (para as que é preciso utilizar un adaptador
de USB a micro USB) e activar a función de chamadas dende a aplicación móbil de
Alexa.
Deste xeito, cando queiramos facer unha videoconferencia, chegará con pedirlle
a Alexa que chame a un dos nosos contactos, e cando recibamos unha chamada
tamén chegará con dicirlle a Alexa que responda, de xeito que asà podemos
establecer unha comunicación que comezará co vÃdeo desactivado (para protexer a
nosa intimidade) podendo activarse a imaxe dende o mando a distancia do Fire TV
Cube ou mediante unha orde de voz.
Esta funcionalidade está claramente orientada á situación sanitaria actual,
para facilitar a comunicación con amigos e familiares sen ter que estar durante
longos perÃodos de tempo suxeitando o móbil na man, e podendo realizar a
comunicación dende o salón doméstico.
Curiosamente hai unha década moitos fabricantes comezaron a integrar Skype nos
seus televisores, pero finalmente Microsoft retirou o Skype dos televisores
ante a falta de uso. Será curioso ver se agora as compañÃas volven ver con
interese a realización de videoconferencias dende o televisor.
Asà funcionan as videoconferencias co Fire TV Cube de Amazon