O CITIC renova páxina web
mércores, 5 de setembro do 2018
O Centro de Investigación en TIC (CITIC) da
Universidade da Coruña vén de estrear nova web, un dinámico espazo
de encontro que marca importantes distancias informativas,
comunicativas, interactivas e estéticas con respecto ao anterior
sitio en liña. A través da nova páxina, directa e moi envorcada no
diálogo visual, o CITIC quere facer fincapé no seu papel de
impulsor da Investigación e o Desenvolvemento (I+D) arredor das
TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (TIC) e no seu
carácter de punto de encontro entre os importantes achados dos seus
grupos, por unha banda, e as nosas empresas e a nosa sociedade, pola
outra. A nova páxina, dispoñible en citic-research.org,
preséntase en tres idiomas: galego, castelán e inglés.
Os elementos do sitio, dispostos para que nada se
interpoña entre a información achegada e o internauta, artéllanse
nos seguintes apartados principais: O Centro, Equipo, Investigación,
Transferencia, Actualidade e Fundación. A páxina, que impacta nada
máis abrila polo coidado posto no deseño, potencia a presenza do
CITIC nas redes sociais (Facebook, Google+, YouTube, Linkedin e máis
Twitter) e pon o foco na información relacionada con eventos,
indicadores e áreas tecnolóxicas.
O CITIC
O CITIC é un Centro de Investigación Singular
que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicado ás TIC.
Impulsado pola UDC, é un punto de encontro entre a Universidade e a
empresa no que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector
TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario. No ano
2016, o CITIC recibe o distintivo de Centro Singular de Investigación
de Galicia 2016-2019, sendo o único centro TIC de Galicia recoñecido
con esta distinción, cofinanciado pola Xunta de Galicia e pola Unión
Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
