O BNG denuncia que a web do Ministerio de Cultura deturpa os nosos topónimos

luns, 20 de setembro do 2010 Fernando Sarasketa

O Santuario das Ermidas no Bolo, Ourense, segundo a web do Ministerio El Bollo, Orense

O Bloque Nacionalista Galego vén de dar a coñecer unha serie de graves deturpacións dos nosos topónimos na páxina web do Miniisterio de Cultura. Segundo denunciou esta mañá en rolda de prensa o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, a Administración central está a cometer unha serie de “barbaridades” cos nosos no mes de lugar, e co agravante de que se trata dun departamento, o Ministerio de Cultura, que teoricamente máis tería que mobilizarse para evitalas. Na achega, entre outros exemplos, podemos atopar “Junquera de Ambía”, “El Bollo”, “Poyo”, “Monasterio de Osera”. Xosé Manuel Pérez Bouza puxo de manifesto que “as reiteradas vulneracións da toponimia oficial de Galiza por parte do Estado é unha mostra clara e evidente da falla de respecto para con Galiza, para coa cidadanía galega xa que a nosa toponimia forma parte do patrimonio dun pobo”.
As deturpacións podemos velas, como dixemos, na páxina web do Ministerio de Cultura, en concreto, na fiestra pola que se accede ao Patrimonio Histórico e de aí aos Bens Culturais Protexidos, onde atopamos castelanizacións na escrita dos nosos topónimos”. O senador do BNG sinalou que se parte de “Orense” ou “La Coruña” para logo cometer sinsentidos do tipo: “PUente de Bibey”, “Junquera de Ambía”, “Ordenes”, “Puebla del Caramiñal”, “Villanueva de Arosa”, “Caldas de Reyes”, “Puentecesures”, “Vivero”, “Lorenzana”, entre outras moitas.

PUBLICIDADE