O Air Guitar Rocker permÃtenos emular no aire aos nosos guitarristas favoritos
mércores, 7 de maio do 2008
Os afeccionados aos
xogos de Guitar Hero poden emular ás
estreas da música rock diante das súas consolas mediante unha guitarra de xoguete, mentres que moitas outras
persoas se conformaba en imitar aos seus guitarristas favoritos tocando
instrumentos imaxinarios no que xa é todo un fenómeno coñecido coma air guitar. Agora, combinar estes dous
mundos é posible, e está
comezando a chegar ás tendas norteamericanas (principalmente grandes
superficies) o Air Guitar Rocker,
que é un dispositivo composto por 1 fibela de cinto, 2 púas, 1 mini-amplificador
(alimentado por 3 pilas AA), 1 cartucho con 10 cancións precargadas e un cable,
de xeito que o seu usuario pode xogar a imitar que toca temas famosos do Guitar Hero (coma Iron Man, Smoke on the Water
ou You Really Got Me) e outros
orixinais deste dispositivo sen precisar de consola nin instrumentos fÃsicos,
podendo interpretar os temas no aire.
Nas tendas tamén venderán cartuchos con novos temas musicais para engadir
diversión a esta experiencia sen precedentes. O
prezo de venda deste orixinal xoguete é de 29,99 dólares (19,45 euros).
Para entender mellor o funcionamento do Air Guitar Rocker podemos ver o seguinte video-titorial: