O 93% das universidades do Estado ten un plan de docencia virtual
xoves, 28 de febreiro do 2008
A Universidade de Santiago, a través do seu reitor (Senén Barro) estivo a traballar arreo nunha investigación sobre o nivel de implantación das novas ferramentas tecnolóxicas nas universidades do eido estatal. O informe, chamado Universitic 2007, foi coordinado pola Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), que vén de anunciar que xa saÃu do prelo. Como dixemos, a investigación é algo asà como un medidor de TICs nos campus, e, malia que sobre o papel reflicta obxectividade respecto das redes, é obvio que se pon do lado da Sociedade da Información e do seu uso pleno na comunidade educativa, sinalándoa como un elemento fundamental na investigación, no ensino e na aprendizaxe.
Estes son algúns dos resultados do informe:
· As institucións educativas superiores españolas confÃan cada vez máis nestas ferramentas, chegando ó 93% a porcentaxe daquelas que teñen un plan de docencia virtual, ben xa habilitado (79%) ou ben en desenvolvemento (14%).
· O orzamento para a Sociedade da Información medrou nun 10%, dende os 201 euros por estudante de 2005 ata os 220 euros de 2007.
· Incrementouse a taxa de aulas con Wi-Fi nun 30,3% ó longo do ano pasado, acadándose o 71% do total.
· Medrou en case un 20% a cantidade de alumnos que fan uso da docencia virtual.
· O informe engade que máis da metade dos postos dos estudantes tiñan en 2007 acceso á Internet.
O proxecto contou coa colaboración de 49 universidades que representan case o 85% do Sistema Universitario Español. Segundo informa a USC, o traballo forma parte doutro traballo máis amplo, actualmente en desenvolvemento e con datos máis xerais e actualizados. Amais do reitor Senén Barro (codirector do informe), participaron os seguintes investigadores da USC: o director da área TIC, Javier Franco, e os profesores Sara Fernández, David Rodeiro e Emilio Ruzo.
