NueVue comercializa fundas para iPhone e iPad con protección anti-microbiana

mércores, 26 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A empresa londiniense NueVue está presente estes días no Mobile World Congress para amosar as súas fundas para smartphones e tablets, que non só buscan protexer os nosos dispositivos móbiles ante agresións externas e caídas, senón que destacan fronte á competencia por combinar no seu interior tecnoloxía BioCote e microfibra, de xeito que co movemento de introducir e extraer o dispositivo limparemos a súa pantalla á vez que eliminaremos o 99,9% das súas bacterias.
NueVue ten no seu catálogo fundas para iPhone, iPad e iPad mini en materiais como o algodón, o lenzo e o coiro, agardando con prezos que parten dos 44,99 dólares ata os 63,99 dólares, aos que habería que engadir 9 libras esterlinas de gastos de envío (de pedirse directamente á compañía). Esperan incorporar ao seu catálogo fundas para máis smartphones e tablets en breve.

JPEG - 123.5 KB
NueVue ten fundas tanto para móbiles como para tablets


Vídeo de presentación de NueVue

PUBLICIDADE