Nucleus 7, un procesador de son para implantes cocleares compatible co iPhone
mércores, 25 de outubro do 2017
Os implantes cocleares son un grande avance para moitas
persoas con problemas auditivos, pero teñen problemas para coexistir con algúns
dispositivos electrónicos, de aà que non falten os que estean entusiasmados
polo feito de que Cochlear presente o procesador de son
Nucleus 7, o primeiro procesador para implantes cocleares deseñado para o
iPhone (certificado por Apple) de xeito que os seus usuarios poden empregar o
seu teléfono para axustar as condicións da súa escoita grazas a unha aplicación
móbil que permite cambiar programas no procesador de son e activar a
transmisión sen fÃos.
Coa aplicación Nucleus Smart o usuario pode definir axustes de volume,
agudos/grave e sensibilidade do procesador Nucleus 7, axustar o volume dos
dispositivos Cochlear True Wireless, localizar o procesador no caso de perderse
e incluso ver o estado e o nivel de baterÃa do procesador, converténdose nunha
atractiva ferramenta para usuarios de dispositivos con iOS que precisen dun
implante coclear.
Con Nucleus 7 non só pode empregarse o iPhone para o seu control, senón que
tamén pode beneficiarse do feito de que as chamadas de teléfono, o vÃdeo e a
música poden transmitirse directamente ao procesador de son, conseguindo asÃ
unha experiencia moi completa, e facilitando a superación de moitos dos
atrancos que supoñen as dificultades auditivas para levar unha vida normal no
mundo moderno.
- Coa aplicación móbil Nucleus Smart pode xestionarse o procesador do implante coclear
VÃdeo promocional do procesador Nucleus 7