Nreal Air, as lentes que buscan converterse nunha pantalla virtual
venres, 1 de outubro do 2021
Este ano Vodafone
trouxo a España las lentes de realidade aumentada Nreal Light, pese a que a
utilidade desde dispositivo é máis que discutible, e o seu fabricante poderÃa avanzar
neste eido de xeito paralelo, progresando no que serÃa a proxección de imaxe nunhas
lentes cada vez máis discretas, pero deixando de lado as funcións de
integración co contorno, ou sexa, centrándose no consumo de contidos de xeito
persoal.
Temos asà as Nreal
Air, unhas lentes que teñen
previsto iniciar a súa comercialización no Xapón, China e Corea do Sur en
decembro, e que buscarÃan ter un prezo económico para popularizar a súa
proposta de lentes con pantallas micro OLED que para conseguir un deseño compacto
e discreto optan por prescindir dun potente procesador para deixar a carga de
cómputo no noso smartphone.
As Nreal Air, ao prescindir dos sensores das Nreal Light, conseguen reducir o seu
peso até os 77 gramos, á vez que adoptan unha estética máis próxima ás dunhas
lentes de sol tradicionais. Aseguran que as pantallas nas lentes ofrecerán unha
velocidade de refresco de 90 Hz cun campo de visión de 46 graos, o que serÃa
como ver unha pantalla de 130 polgadas a 3 metros de distancia, de aà que
poidamos entender que este dispositivo busca converterse nunha solución para
poder consumir vÃdeo de xeito privado á vez que afástase dos voluminosos cascos
de realidade virtual.
ConfÃase a que en 2022 cheguen estas novas lentes a Europa como un produto que
poida empregarse en combinación con case calquera smartphone, quedando como
principal incógnita o seu prezo, que será decididamente o factor decisivo para
o éxito deste produto que parece querer crear unha categorÃa de seu.
- As Nreal Air buscarÃan un deseño discreto, moi próximo ao dunhas lentes de sol ordinarias