Novos auriculares sen fíos de JBL

xoves, 5 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Nos últimos meses incrementouse a competencia entre os auriculares True Wireless, á que JBL contribúe agora cos seus JBL Tune 220TWS, que permiten a reprodución musical durante até 20 horas, de xeito que poden levarse todo o día postos para escoitar a nosa música favorita, á vez que tamén poden aproveitarse para atender chamadas telefónicas e dar ordes ao noso asistente de voz.
Estes auriculares conta con tecnoloxía JBL Pure Bass Sound para unha mellor reprodución sonora, e contrólanse mediante botóns nos auriculares para mudar de canción, activar as ordes de voz e atender chamadas de voz. Están dispoñibles para a súa compra por 129 euros en 4 cores diferentes (negro, branco, azul e rosa).

JPEG - 68.9 KB
Os JBL Tune 220TWS están dispoñibles en distintas cores

PUBLICIDADE