Novo tablet económico de bq con pantalla de 8 polgadas

venres, 4 de maio do 2012 Marcus Fernández

O empresa española bq, especializada en tablets e eReaders (nutrindo destes últimos a Movistar, FNAC e Casa del Libro), continúa a ampliar a súa familia de tablets económicos, agora co bq Kepler 2, que chega con Android 4.0, procesador Cortex A8 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD e unha pantalla multi-táctil capacitiva de 8 polgadas cunha resolución de 800 x 600 píxeles a un prezo de só 149 euros, converténdose nun dispositivo de entrada moi axeitado.
O prezo axustado non impide que esteamos ante un dispositivo con Wi-Fi N, microUSB 2.0 OTG (o que permite conectarse un teclado, un rato ou un disco duro coma se fose un PC), batería de 5.000 mAh, cámara frontal e saída HDMI a 1.080p. Pode reproducir os formatos de vídeo e audio máis populares (AVI, MP4, FLV, MKV, MOV, MP3, WAV...), amosar documentos de texto (EPUB, PDF, TXT, FB2, PDB e RTF) e imaxes (JPEG, BMP, GIF e PNG) e mesmo reproducir contido en Flash 11, que consegue manter unha liña coidada, unha dimensións de 205 x 156 x 11 milímetros e un peso de 498 gramos, ou sexa, que sería só lixeiramente inferior a un iPad, pero cun prezo moi diferente.

O bq Kepler 2 funciona con Android 4.0

PUBLICIDADE