Nova funda de pel con teclado para o iPad 2

luns, 13 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Seguindo a liña doutros periféricos semellantes para o primeiro iPad, Qmadix incorpora ao seu catálogo de produtos Portfolio, unha funda protectora para o iPad 2 que inclúe un teclado Bluetooth 2.0 extraíble, o que resulta moi práctico para a introdución de texto no tablet de Apple, aínda que cómpre destacar que tamén é compatible con moitos outros dispositivo como o iPhone, o iPod Touch e diversidade de móbiles con soporte do perfil HID.
O teclado está feito de policarbonato, para unha boa resposta táctil, e a funda facilita a colocación do iPad 2 con certa inclinación para facilitar a súa lectura. Tamén conta cos espazos para facilitar o acceso á cámara, os botóns e os portos de conexión do último tablet de Apple.
O teclado cárgase mediante microUSB e este accesorio quere destacar fronte aos seus competidores pola calidade do seu acabado, o que debería resultar evidente ao ver o seu prezo (149,99 dólares). Non podemos esquecer que existen alternativas semellantes de orixe chinesa que pode adquirirse por menos de 30 euros.

PUBLICIDADE