Nova capturadora de vÃdeo de Razer
venres, 1 de outubro do 2021
Os creadores de contidos para a Internet que non están
conformes coa calidade de imaxe que ofrecen a webcams poden optar por empregar
unha cámara tradicional que teña saÃda de vÃdeo, empregando unha capturador USB
como a nova Razer
Ripsaw X, que é capaz de capturar vÃdeo até a 4K a 30 imaxes por segundo, o
que achega unha calidade de imaxe moi elevada para gravacións de vÃdeo e
retransmisións en directo.
Esta nova capturadora, que está á venda por 139,99
euros, é plug and play, ou sexa,
que funciona tan pronto se saca da caixa e se conecta ao ordenador, sendo
totalmente compatible con solucións como OBS para a realización de retransmisións
de vÃdeo en directo, podendo empregarse tamén para a realización de gravacións
directamente no equipo informático (sen preocuparse do espazo na tarxeta de
memoria, nin da copia posterior das imaxes para a súa edición).
A Razer Ripsaw X pode conectarse ao PC a través de portos USB 3.0, mentres que
para conectarse a cámaras precisa dun cable HDMI 2.0 axeitado ao tipo de
conector de cada dispositivo. Aparte de poder capturar vÃdeo 4K a 30 imaxes por
segundo, tamén pode capturar vÃdeo Full HD a 120 imaxes por segundo.
- A capturadora Razer Ripsaw X facilÃtanos o emprego dunha cámara con saÃda HDMI para retransmisións en directo a través da Rede