Nova báscula conectada con medidor de grasa corporal
mércores, 20 de marzo do 2013
Withings,
coñecido fabricante de dispositivos conectados pensados principalmente no
desenvolvemento da eHealth, tiña no mercado unha popular báscula con
conectividade Wi-Fi, o que facilita a posibilidade de consultar a evolución do
noso tempo corporal dende iOS e Android, e agora lévaa un paso máis alá cun
novo modelo, a Smart Body
Analyzer WS-50, que por 149,95 euros ofrece unha báscula multifunción que facilita
o control do peso e da composición corporal (analizada mediante impedancia
bioeléctica) para comprender como funciona o noso corpo (como axuda para levar
un estilo de vida saudable), mide a frecuencia cardÃaca, fai de adestrador de
peto (a través das súas aplicacións para iPhone e Android) e incluso mide a
calidade do aire (o que serve para que coñezamos cando debemos ventilar a
habitación na que teñamos a báscula).
A nova báscula de 32,5 x 32,5 x 3 centÃmetros e 2,1 quilos de peso, ten conectividade Wi-Fi N e Bluetooth, funciona con
4 pilas AAA e pretende ser un complemento ideal tanto para deportistas como
para usuarios que queiran vixiar a súa saúde.