Nokia presenta novos móbiles básicos con conectividade 3G e acceso ás redes sociais
mércores, 3 de xullo do 2013
Para quen non desexe un smartphone ou para empregar como
segundo teléfono, Nokia
presentou hoxe os novos Nokia 207 e Nokia 208, uns móbiles en formato
barra, cunha xenerosa pantalla de 2,4 polgadas, Bluetooth 3.0, conectividade
HSPA (o que permÃtelle tirar proveito da banda larga móbil tanto dende o
navegador Nokia Xpress ou de aplicacións como Facebook, Twitter e WhatsApp) e
unha baterÃa de 1.020 mAh (que permitirÃa unha autonomÃa en espera de máis dun
mes e ata 12 horas de conversa a través de 2G).
O Nokia 207 serÃa
o modelo máis básico, cunha única tarxeta micro-SIM e sen cámara; mentres que o
Nokia 208 contarÃa
cunha cámara de 1,3 MpÃxeles e tamén estará dispoñible nalgúns mercados con dobre SIM
(con Easy Swap, que permite mudar de tarxeta sen ter que apagar o dispositivo).
O prezo destes móbiles no mercado libre estará no contorno dos 68 dólares
(52,42 euros) antes de impostos.
VÃdeo promocional do Nokia 208 con dobre SIM