Nokia poderÃa estar a preparar un tablet con Windows 8
luns, 12 de marzo do 2012
- Un prototipo de tablet con Windows 8 desenvolvido por Samsung
As
primeiras impresións sobre a versión de proba pública de Windows 8 non podÃan
ser mellores, resultando o novo sistema operativo moi prometedor, especialmente
como plataforma que poida facer fronte ao iPad de Apple, e ese potencial parece
estar a aproveitarse por compañÃas como Nokia, que segundo DigiTimes
estarÃa a preparar un tablet de 10 polgadas con procesador Qualcomm de dobre
núcleo para o último trimestre do ano. Este dispositivo competirÃa
claramente con tablets con Android e IOS, e seguirÃa os pasos de dispositivos
como os smartphones Nokia Lumia 800 e
900, que avanzan a bo ritmo para converterse en alternativas solventes ao
iPhone.
Actualmente Samsung, Asus e HP xa están a preparar dispositivos baseados en
Windows 8, pero tendo en conta que Nokia xa é o fabricante de móbiles con
Windows Phone con maiores vendas, non parece arriscado pensar que pode repetir
a fórmula do éxito no terreo dos tablets. AÃnda que inicialmente Apple non fose
a ver prexudicada a súa presenza no mercado, poderÃa pasar algo totalmente
distinto con dispositivos como o Amazon Fire, especialmente se Nokia consegue
manter uns prezos tan axustados como fai cos seus móbiles Lumia.