Nikon cancela o lanzamento das súas cámaras compactas DL
luns, 13 de febreiro do 2017
O pasado mes de xuño Nikon anunciou unha nova familia de
cámaras compactas premium, composta polas DL18-50 f/1.8-2.8, DL24-85 f/1.8-2.8
e DL24-500 f/2.8-5.6, pero ante a situación actual do mercado e as dificultades
no seu desenvolvemento (especialmente no seu circuÃto integrado de procesamento
de imaxe) tiveron que tomar a difÃcil decisión de cancelar o seu lanzamento,
para frustración dos consumidores e distribuidores que estaban a esperar por
tal produto que agora consideran que non serÃa rendible economicamente.
Esta decisión de Nikon está enmarcada nunha reestruturación da compañÃa a
través da que prescindirán
dun milleiro de postos de traballo. Disto pode entenderse que Nikon
convértese nunha compañÃa centrada unicamente en cámaras DSLR, xa que o resto
de categorÃas de cámara non están a funcionar economicamente ben, en boa medida
polas dificultades para competir con Sony e Fujifilm, mentres que nas réflex
mantén unha boa posición.
O que parece confirmarse coa complicada situación de Nikon é que o sector das
cámaras fotográficas mudou para sempre, de xeito que só hai espazo no mercado
para as gamas altas, xa que os formatos máis populares cederon o seu posto aos
smartphones, resultando moi complicado para os fabricantes conseguir asentarse en
segmentos como o das cámaras compactas e bridge.