Movistar estrea en España o móbil Huawei IVY
mércores, 26 de maio do 2010
Os móbiles con Android están a chegar
con forza ao mercado, e as distintas operadoras están a buscar terminais económicos
para introducir no seu catálogo de xeito que Android non sexa sinónimo de
móbiles de alta gama, e chegue a un maior público, sendo claro exemplo disco do
Huawei IVY que comeza a vender Movistar en España, saÃndo
de balde no caso de contratarse unha tarifa plana de datos, ou por 100 euros en
caso contrario, de xeito que é unha opción moi interesante para quen queira
introducirse nas posibilidades do sistema operativo móbil promovido por Google.
O Huawei IVY ten unha pantalla táctil resistiva de 2,8 polgadas, cámara de 3,2
MpÃxeles con enfoque automático e flash LED, Wi-Fi, GPS, Bluetooth, USB, toma
para auriculares estándar, e lector de tarxetas microSD (inclúe unha de 2 Gb).
Mide 106 x 57 x 14 milÃmetros, pesa 105 gramos e estará dispoñible en branco ou
en negro.
Este novo móbil vén co sistema operativo Android 2.1, aÃnda que en breve poderÃa
actualizarse a Android 2.2.
O terminal pode
conseguirse a atractivos prezos a través do plan de puntos de Movistar,
mentres que os usuarios que veñan doutras compañÃas poderán facerse con el de
balde.
- Movistar achega o Huawei IVY a prezos moi atractivos