Motorola presenta AURA, o Rolex dos móbiles

martes, 21 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Inspirándose nos reloxos de luxo Motorola achega o seu móbil AURA, que ten un acabado moi coidado, sorprendendo pola súa pantalla circular, unha lente de cristal de zafiro de 62 quilates, estar formado por máis de 700 compoñentes individuais, un sistema de apertura xiratorio (tipo navalla), unha carcasa de aceiro inoxidable e un prezo que o afasta de case todos os petos, pois se venderá no último trimestre do ano a uns 2.000 dólares.
Polo demais non é un móbil destacable, pois se limita a ser un terminal cuatribanda con conectividade GSM (ou sexa, que nin sequera soporta 3G), unha cámara de só 2 Mpíxeles, Bluetooth estéreo, porto microUSB, reprodutor multimedia e unha autonomía de 7,3 horas en conversa e 400 horas en espera.


Animación de presentación do carísimo móbil de Motorola

PUBLICIDADE