Monitores de Asus con sintonizador de TDT

luns, 26 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Asustek está a ampliar o seu catálogo de monitores coa serie T1, que inicialmente chegan nos modelos 22T1 e 24T1 (con pantallas de 22 e 24 polgadas que estarán á venda por 259 e 309 euros respectivamente) aos que máis adiante unirase o 27T1.

JPEG - 26.9 KB
O equipo ten diversidade de conexións

Estas pantallas teñen unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles (Full HD), gozan de 2 entradas HDMI, entrada de audio estéreo, entrada A/V, entrada VGA, entrada de audio para PC, saída de audio dixital óptica, saída de audio estéreo, toma para auriculares e, especialmente, sintonizador de TDT, o que os converte nun dispositivo tan válido como para usalo para traballar co ordenador como para ver a televisión.

PUBLICIDADE