Microsoft presenta 3 novas webcams con tecnoloxía TruColor

martes, 16 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Aínda que non sexa a liña de produtos máis coñecida de Microsoft, a compañía de Redmond continúa a presentar novos accesorios informáticos, dando a coñecer hoxe mesmos 3 novas cámaras web con tecnoloxía TrueColor, que achegan un brillo e cor de calidade superior incluso en malas condicións de iluminación.
Esta nova tecnoloxía adapta a calidade das imaxes á iluminación, e detecta as caras das persoas para asegurarse que reciben as exposición de luz axeitada durante unha videoconferencia.
A primeira destas novas webcams é a LifeCam HD-5000, que permite captar vídeo panorámico en alta definición (720p) con enfoque automático, o que son unhas prestacións bastante avanzadas para unha cámara que porase á venda a finais de mes por 49,95 dólares. Conta cunha base flexible que facilita a súa colocación sobre o escritorio e tamén terá unha versión en cor branca que responde ao nome de LifeCam HD-5001.
Os usuarios de portátiles, en cambio, podería optar por facerse cunha LifeCam HD -6000, que tamén grava vídeo panorámico a 720p e destaca por ter un ángulo de rotación de 360 graos. Esta cámara pode conectarse de xeito doado á pantalla dun ordenador portátil (ou a outra pantalla TFT) e porase á venda en maio por 59,95 dólares.

PUBLICIDADE