Microsoft podería comercializar un novo rato no verán

xoves, 7 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Durante este verán debería chegar ás tendas o rato Touch Mouse de Microsoft, que achegaría un xeito máis fluído de traballar con Windows 7 valéndose dunha superficie táctil así como o Magic Mouse de Apple fai co Mac OS X, pero dende Pocket-lint sorprenden ao desvelar que non será o único produto nesa liña que prepara a compañía de Redmond, pois veñen de descubrir un produto intermedio entre o Touch Mouse e o Arc Touch Mouse que leva por nome Microsoft Explorer Touch Mouse.
Este novo rato fai uso de tecnoloxía BlueTrack (que facilita o seu uso sobre case calquera superficio), conta con 5 botóns personalizables (o que agradecerán os xergos) e unha barra táctil que opera coma unha roda de desprazamento (que integra unha pequena resposta vibratoria para que saibamos o que estamos a facer co rato).
O Microsoft Explorer Touch Mouse podería chegar ás tendas este mesmo mes a un prezo de 69,99 libras esterlinas no Reino Unido (polo que poderiamos estar a falar dun prezo de 79,99 euros en España).

PUBLICIDADE