Memoria externa que pode intercambiar ficheiros con dispositivos de Apple
xoves, 16 de xuño do 2011
Copiar documentos,
música, fotografÃas e pelÃculas de ou a un dispositivos con iOS sen conectalo
directamente a un ordenador non é unha tarefa doada, e por iso en xullo comezará
a venderse o PhotoFast
i-FlashDrive, unha unidade de memoria con capacidades de 8, 16 e 32 Gb que
terá prezos de 2.850, 3.450 e 5.550 dólares de Taiwán (69,74, 84,42 e 135,8
euros) e que, a través dunha aplicación
que pode descargarse da App Store (actualmente é de pagamento, pero será de
balde cando o seu accesorio chegue ao mercado) permitirá a copia e
administración de ficheiros no iPad, iPhone 3g/3GS/4 e iPod Touch de 4ª/3ª
xeración. Deste xeito, serÃa posible transferir arquivos, por exemplo, dun
iPhone 4 a un iPad, aÃnda que este dispositivo non só ten un conector para
dispositivos de Apple, senón que tamén conta con USB para poder operar como
unha unidade de memoria convencional nun PC ou Mac.
O PhotoFast i-FlashDrive mide 50 x 20 x 92 milÃmetros, pesa 58 gramos e a súa
aplicación precisa para funcionar o sistema operativo iOS 4.2 (mentres que en
equipos informáticos funcionará como unha unidades USB 2.0 estándar). Cómpre destacar
que esta unidade de memoria tamén pode empregarse para facer copias de
seguridade dos contactos almacenados nos dispositivos de Apple, o que
agradecerán os que non fagan o propio a través de iTunes.
- O dispositivo compórtase como unha memoria USB estándar cando o conectamos a un ordenador
- O PhotoFast i-FlashDrive venderase en capacidades de ata 32 Gb