Meitu comercializará un smartphone inspirado en Sailor Moon
xoves, 11 de maio do 2017
Meitu a compañÃa detrás da aplicación
móbil que leva o mesmo nome, tamén vende teléfonos móbiles como o Meitu M8, un smartphone con pantalla Full
HD de 5,2 polgadas, procesador MediaTek de 10 núcleos a 2,1 GHz, 4 GB de RAM,
64 GB de almacenamento interno, cámaras de 21 e 12 MpÃxeles (incluÃndo tamén as
célebres aplicacións fotográficas da compañÃa), Bluetooth 4.1, Wi-Fi AC, baterÃa
de 3.000 mAh con carga rápida, un grosor de 9,3 milÃmetros e un peso de 170
gramos, que estaba dispoñible por a partires de 2.599 iuans (346,56 euros) e
que incluso contaba cunha edición especial de Hello Kitty, pero a cousa non
remata aÃ, e veñen de facerse coa licenza dunha célebre serie de animación
xaponesa que incluso pasou pola TVG: Sailor
Moon.
O novo
teléfono sairá á venda en Hong Kong no mes de xuño a un prezo de 2.899 iuans
(386,55 euros) e non só estaremos ante un teléfono cun deseño exterior
inspirado na serie de Naoko Takeuchi, senón que tamén virá acompañado un pau de
selfie coa forma da vara máxica que
portaba a protagonista da serie televisiva (a Guerreira Lúa). O terminal será
de edición limitada, de xeito que só estarán dispoñibles 10.000 unidades, polo
que non serÃa de sorprender que durante o verán pasen a converterse nun obxecto
con certa popularidade nas páxinas web de poxas e vendas de segunda man.
- Meitu tamén comercializa unha versión do Meitu M8 con deseños de Hello Kitty