Marco dixital que fai de monitor de vixilancia

luns, 22 de decembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 28.4 KB

Os marcos dixitais para as nosas fotografías son cada día uns dispositivos máis habituais nos fogares, polo que tamén se poden aproveitar para outros usos coma a reprodución multimedia e mesmo a videovixilancia grazas a modelos coma o TV-M7 de TRENDnet, que permite seguir en tempo real as cámaras de vixilancia da mesma marca.
O marco dixital ten unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 512 Mbytes de memoria integrada (e lector de tarxetas de memoria), reproduce vídeo en MPEG-1/4 e música en MP3, WMA, AAC e OGG e conectividade Wi-Fi (compatible con WEP, WPA-PSK e WPA2-PSK) o que lle permite conectarse á Rede para amosar imaxes de Flickr e Picasa Web Album así como detectar ata 4 cámaras de seguridade de TRENDnet para poder amosar as imaxes que capta neste marco dixital, que fai así de monitor, o que resulta de utilidade tanto para manter segura unha vivenda como para poder vixiar aos cativos dende outra habitación sen ter que utilizar un ordenador para acceder ás emisións das cámaras instaladas.
O prezo de venda deste marco dixital é de 262,99 dólares (188,64 €).

PUBLICIDADE