Mando a distancia universal que apaga totalmente o televisor

luns, 26 de maio do 2008 Marcus Fernández

Mando a distancia de All for OneNos últimos meses moitos son os avisos que se ven nos medios promovendo o aforro enerxético, entre outras cousas, evitando deixar os nosos electrodomésticos en espera, apagándoos por completo mediante o seu botón de acendido e non co mando a distancia, pero One for All quixo atender a este problema cun novo modelo de mando a distancia universal, o Energy Saver, que inclúe un botón para acender e apagar un adaptador de corrente ao que podemos enchufar unha regleta para o televisor, o DVD e outros dispositivos que desexemos que non desaproveiten enerxía cando non os usemos (o único dispositivo que faría tal sería o propio adaptador de corrente). Parece así unha interesante solución que permite combinar a comodidade do mando a distancia co aforro enerxético.

Esquema de uso do Energy Saver

O mando a distancia de One for All é compatible cunhas 1.300 marcas, permite actualizacións pola Internet, pode aprender doutros mandos a distancia, funciona con 2 pilas AA e se vende a 39,99 euros.

PUBLICIDADE