MP4 con Internet Radio e tecnoloxía Wi-Fi de Airis
luns, 21 de xullo do 2008
Airis, a empresa de informática e electrónica
de consumo pertencente ó grupo multinacional Infinity System vén de
anunciar a dispoñibilidade de dous novos modelos de MP4 que destacan
polo seu deseño e as súas múltiples funcionalidades.
O MP402W e o MP404W, ademais
de cumplir as súas funcións normais de reproducción de arquivos en
formato MP4 e WMA, permítenlle aos usuarios conectarse a máis de 10.000
emisoras de radio de todo o mundo grazas ao sistema Internet Radio.
Asemade, debido a que integran
o último en tecnoloxía WiFi, estes dispositivos de Airis satisfacen
as demandas dos usuarios que queren manterse informados en todo momento
da actualidade mundial ao tempo que melloran os seus momentos de ocio.
Unha das cualidades que
máis sorprenderon destes novos trebellos é a súa capacidade para
reproducir arquivos en formato MP3 ou WMA dende un PC sen telos almacenados
no MP4 (streaming de Audio dende PC) e sen conectalos fisicamente.
Ámbolos dous modelos presentan
pantalla TFT con LCD 2,4”, resolución 240x320, 262.000 cores, gravación
de voz e FM en formato WAV, soporte de tarxeta de memoria micro SD ata
2 XB e batería de litio.
O seu prezo é de 119 euros
para o modelo en negro (o MP402W) e de 129 euros para o vermello (MP404W).