MOTO Q9h, o móbil HSDPA de Motorola

xoves, 26 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Os clientes de Movistar poden mercar dende o 19 de xullo o terminal MOTO Q9h a partir de 179 euros, que destaca por ser o primeiro teléfono intelixente de Motorola con conectividade HSDPA que permite o acceso á Internet a alta velocidade.
O reducido terminal non prescinde dun teclado QWERTY (que fai moi doado o uso do correo electrónico ou a edición de documentos) e incorpora o novo sistema operativo Windows Mobile 6, que inclúe aplicacións coma o Internet Explorer, o Microsoft Office ou o Reprodutor Multimedia de Windows.
Para fomentar o uso profesional deste terminal, Movistar permite a contratación do programa Navegación y Correo PDA co que os usuarios poden descargar 200 Mb por 15 euros ó mes, o que lles permitiría visitar unhas 1.200 páxinas web, recibir mái de 20.000 correos electrónicos de texto, abrir 1.000 documentos de Word ou descargar 200 presentacións de PowerPoint, aínda que os usuarios máis intensivos tamén poden contratar unha tarifa plana sen límites por 58 euros mensuais.

PUBLICIDADE