Live.com: a gran esperanza de Microsoft en materia de buscadores
luns, 27 de novembro do 2006
Microsoft aposta forte polo seu buscador, Live.com, que vén de ser lanzado en 47 paÃses de todo mundo tras unha fase de proba na que, coma en calquera fase de proba, a compañÃa tivo en conta as suxestións dos usuarios e procurou anoar tódolos posibles fÃos ceibos. Live.com constitúe un dos grandes proxectos de Microsoft dos últimos tempos, destinado para o emprego cotiá dos máis de 465 millóns de usuarios de MSN.
Entre as súas vantaxes e innovacións, cómpre salientar o seu deseño (o usuario pode deseñar e personalizar o seu propio espazo, co fin de xerar buscas máis rápidas e eficaces, permitÃndose ademais converter o buscador en páxina de inicio adaptable ás necesidades propias de cada internauta) e o seu sistema de busca, que fai máis fincapé na calidade da busca ca na cantidade, seguindo a tendencia das novas tendencias na Rede.
Con este fin, Live.com introduce catro botóns cos que -dunha tacada- podemos procurar catro tipos distintos de documento e de xeito simultáneo: documentos da Web, imaxes, novas e arquivos de busca avanzada como macros, libros de Ãndole académica e información de blogs e páxinas en formato RSS. O buscador de Microsoft tamén achega a posibilidade de elixir previamente a cantidade de información que desexamos ver logo de cada operación de busca, amais do tamaño das imaxes. Tamén inclúe scroll infinito e nova barra de ferramentas (permite facer buscas dende calquera outra web).
