Lenovo prepara un tablet con nVIDIA Tegra 3
luns, 14 de novembro do 2011
A presentación do Asus Eee Pad Transformer Prime, que chegará
ao mercado en decembro, destacou por estrear a tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 3, e parece
que Lenovo vai seguir os seus pasos, xa que dende
Engadget desvelan en primicia o que poderÃa ser o novo tablet do fabricante
chinés, que funcionarÃa con Android 4.0 e, aparte da mencionada tecnoloxÃa
de nVIDIA, tamén destacarÃa por contar con 2 Gb de memoria RAM a 1,6 GHz, un
porto USB estándar (cunha pestana para ocultalo), pantalla de 10,1 polgadas, cámara e un lector de pegadas
dixitais (que poderÃa servir tamén de joystick
óptico.
Polo momento non hai máis detalles sobre este equipo, pero parece que os
tablets con procesador de 4 núcleos van ser a tónica durante 2012, e serán a
marca a superar polo previsible iPad 3, que segundo os últimos rumores suporÃa
un auténtico cambio con respecto das súas versións anteriores ao dobrar
a súa resolución de pantalla (achegándose á pantalla Retina do iPhone
4/4S).
- O futuro tablet de Lenovo con tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 3 contarÃa con lector de pegadas dixitais