Lenovo adianta como serán os seus cascos de realidade virtual
martes, 3 de xaneiro do 2017
Dende Microsoft anunciaron que en 2017 teremos no mercado
cascos de realidade virtual para Windows 10 que terán prezos que partirán dos
299 dólares grazas á colaboración con distintos partners entre os que se atopa Lenovo, compañÃa que está a amosar o
seu casco de realidade virtual holográfica
de cara ao CES de Las Vegas, de aà que xa acheguen un adianto ao
produto dende The Verge.
Polo momento estamos ante un prototipo de casco que funciona coa plataforma
Wndows Holographic, que pode conectarse ao ordenador dun xeito semellante a
como se fai con Oculus Rift ou HTC Vive, aÃnda que o casco en si é máis cativo
e lixeiro (pretenden que o seu peso final estea no contorno dos 350 gramos, ou
sexa, uns 200 gramos menos que o de HTC Vive) contando cun deseño confortable
que lembra a PlayStation VR.
Esta solución de VR emprega dous paneis OLED cunha resolución de 1.440 x 1.440
pÃxeles, de xeito que mellorarÃan a resolución dos cascos de realidade virtual
presentes actualmente no mercado, aÃnda que polo momento o casco non serÃa
funcional, polo que tardaremos un tempo en ver esta tecnoloxÃa en funcionamento.
Iso si, xa adiantan que a cámara ten dúas cámaras na súa parte frontal, de
xeito que pode tomar a realidade para presentar aplicacións de realidade mixta, que é o achegamento á
VR que quere facer Microsoft, de xeito que teriamos a tecnoloxÃa de HoloLens a
prezos moi asumibles (dende Lenovo teñen como obxectivo que o prezo estea o
máis próximo posible aos 300 dólares).
- O casco de Lenovo parece claramente inspirado en PlayStation VR polo que podemos ver nas fotografÃas publicadas por The Verge