Lanzan no Reino Unido a primeira radio dixital solar do mundo

martes, 1 de xullo do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 35.9 KB

A radio dixital aínda non está ben implantada en España, pero dende o Reino Unido nos sorprenden cun receptor para este tipo de emisións que funciona cunha batería recargable por enerxía solar.
A solarDAB é a primeira radio dixital solar, presenta un formato compacto (19 x 11 x 9 centímetros e só 672 gramos) e elegante (con ampla gama de cores), funciona nas bandas III e L, ten soporte para varios idiomas, inclúe unha entrada de liña para conectar un reprodutor de MP3 (e utilizar a radio coma altofalantes).
A súa batería ten unha autonomía de ata 27 horas e o seu prezo de venda é de 79,99 libras esterlinas (uns 99,54 euros).

PUBLICIDADE