LalÃn acolle en novembro seis obradoiros TIC ao abeiro de SmartPEME
luns, 6 de novembro do 2017
A Deputación
de Pontevedra vén de informar de que o Viveiro de Empresas do
PolÃgono LalÃn 2000 acollerá durante o mes de novembro seis
obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola dita entidade
provincial, a rede SmartPEME,
constituÃda polas sedes operativas de Pontevedra, Vigo, Porriño,
Ponteareas, Cambados e LalÃn, dende as que os profesionais da
Deputación (en colaboración cos Concellos e as asociacións)
despregan un importante labor de capacitación dixital ao servizo de
autónomos, PEME e traballadores. A entidade provincial xa deu a
coñecer os programas de Cambados, Vigo, Porriño e Ponteareas. Polo
que respecta a Cambados, o Centro Exposalnés
acollerá en
novembro seis
obradoiros. No que atinxe á zona de Vigo (Vigo, Porriño e
Ponteareas) desenvolveranse durante
todo o mes de novembro un total de 18 obradoiros.
En canto aos obradoiros programados para LalÃn no
mes de novembro, todos eles en horario de 19 horas, terán como
primeiro evento Ferramentas de Google para a promoción de
negocios, previsto para este luns 6 de novembro.
Posteriormente, o mércores 8 organizarase o obradoiro Recursos e
ferramentas TIC para o teu negocio. A seguinte semana, o mércores
15, LalÃn tamén acollerá Emprego de vÃdeos nas redes sociais:
Youtube, Periscope... A seguinte cita será o martes 21 de
novembro, cando terá lugar na vida do Deza o obradoiro Bota as
túas propias fotografÃas para o comercio electrónico. Esa
mesma semana, o xoves 23 de novembro, terá lugar o obradoiro
Comercio electrónico para microPEME. Por último,
neste mes de novembro, o Viveiro de Empresas do PolÃgono LalÃn 2000
será o lugar de celebración do obradoiro As redes sociais para
vender os teus produtos de alimentación, o luns dÃa 27.
O proxecto SmartPEME
SmartPEME
é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das
PEME e á procura dunha mellorÃa nas vendas e na eficacia e
eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada
novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións
empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O
devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra,
LalÃn, Ponteareas e Vigo abrangue as seguintes actividades:
itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de
dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de
networking trimestrais coa participación de profesionais de
prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas
institucionais, especialización sectorial dos asesores en función
das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en
novas tecnoloxÃas a emprendedores, identificación e difusión das
necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén,
impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
