LG presenta unha pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles
mércores, 21 de agosto do 2013
A división de pantallas de LG continúa a innovar e anuncia
hoxe que vén de desenvolver o primeiro panel AH-IPS LCD
para smartphones con resolución Quad HD, ou sexa de 2.560 x 1.440 pÃxeles,
o que no seu tamaño de 5,5 polgadas suporÃa unha densidade de pÃxeles de 538
puntos por polgada, superando a todas as pantallas para móbiles existentes no
mercado e marcando o que poderÃa ser o seguinte chanzo despois dos smartphones
con pantallas Full HD que están buscando popularizarse nos últimos meses.
Na actualidade as pantallas de alta definición cunha resolución de 1.280 x 720
pÃxeles son practicamente un estándar nos móbiles con grandes pantallas, pero
estas novas pantallas recollerÃan catro veces a mesma información no mesmo
espazo, o que se traduce nunhas imaxes máis nÃtidas e melloras tanto nas cores
coma no contraste, de xeito que poderiamos ter no móbil imaxes que superasen a
calidade de vÃdeo que podemos percibir nunha pelÃcula en Blu-ray.
A nova pantalla de LG ten un grosor de só 1,21 milÃmetros e un marco de 1,2
milÃmetros, chegando a ser incluso máis delgado que o panel Full HD de 5,2
polgadas que LG lanzou o mes pasado.
- As novas pantallas amosan 538 puntos por polgada, conseguindo unha definición inédita en smartphones