LG presenta unha nova tableta pensada para un confortable consumo de contidos
luns, 24 de agosto do 2015
A semana que vén vai celebrarse a feira IFA en BerlÃn, e algúns fabricantes
comezan a adiantar os produtos que amosarán alÃ, como o LG
G Pad II 10.1, unha nova tableta que en breve vai comercializarse en
modelos Wi-Fi e LTE, e que busca satisfacer as necesidades de boa parte dos
consumidores coa súa pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.920 x
1.200 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 800 de catro núcleos a 2,26 GHz,
2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD), cámaras de 5 e 2 MpÃxeles e baterÃa de 7.400 mAh.
Esta nova tableta contará con conectividade Wi-Fi AC, funcionará con Android
5.1.1 e destacará fisicamente polo seu grosor de só 7,8 milÃmetros e o seu peso
de 489 gramos, de xeito que temos unha tableta moi cómoda, lixeira e elegante,
que non quere gañarse ao público só polo seu hardware, de aà que engada
funcionalidades como un modo lectura (que reduce a luz azul da retroiluminación
da pantalla para facer máis confortable a lectura de libros electrónicos) e un
modo de pantalla dual (que divide a pantalla en dous para poder executar dúas
aplicacións á vez dun xeito cómodo). Tamén inclúe a versión para Android do
Microsoft Office e 100 GB de espazo adicional en OneDrive durante 2 anos.