LG presenta un novo proxector portátil de tiro curto

xoves, 18 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Os proxectores de vídeo portátiles son produtos que aínda conseguen manterse no mercado pese á emerxencia dos televisores de grande tamaño, e estes dispositivos están a evolucionar bastante, especialmente no que se refire á distancia que precisan para proxectar a imaxe, de xeito que facilitan a transformación de case calquera superficie plana nunha pantalla xigante, e nesa liña está o novo LG PH450U, un proxector de tiro curo capaz de xerar unha imaxe de 80 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles a unha distancia de só 33 centímetros, de xeito que podería empregarse sobre escritorios, mesas ou chans, coa vantaxe engadida de que a súa batería recargable permítelle gozar dunha autonomía de 2,5 horas, tempo dabondo para poder ver unha película aínda que esteamos lonxe dunha toma de corrente.
O LG PH450U pode achegar contidos a través dun cable HDMI con capacidade MHL ou tamén de unidades USB, a súa lámpada ten unha vida de até 30.000 horas (o que estiman que permite gozar duns 10 anos de uso cunha relación de contraste de 100.000:1 cunhas cores LED moi vivas, a súa luminosidade é de 450 lumenes (cuadriplica ao seu competidor máis directo) e chegará ao mercado europeo o mes que vén, adiantándose que o prezo nos EE.UU. será de 649,99 dólares.


A maiores LG tamén lanzará un proxector semellante, o LG PH150G, que só pesará 450 gramos e contará con conectividade Wi-Fi e Bluetooth, aínda que só terá unha luminosidade de 130 lumenes, e terá un prezo de 349,99 dólares.

Vídeo promocional do novo proxector LG PH450U

PUBLICIDADE