LG presenta un altofalante sen fÃos que levita
martes, 27 de decembro do 2016
Hai un par de anos, buscando destacar entre a inmensa oferta
de altofalantes sen fÃos que chegaban ao mercado, presentouse o
OM/ONE, un altofalante Bluetooth capaz de levitar sobre unha base que
chamaba poderosamente a atención, pero que pasou sen pena nin gloria polas
tendas, polo que sorprende que LG queira seguir os seus pasos e anuncie
que vai levar ao CES de Las Vegas o Levitating Portable Speaker (modelo PJ9)
que presume de mesturar son de alta calidade cun deseño moi rechamante á vista.
Este altofalante integra potentes electroimáns no seu interior que permite que
flote no aire sobre unha estación de levitación que permite que este altofalante
funcione libre de cables e de contacto con calquera superficie, o que sumado ao
feito de estarmos ante un sistema de son omnidireccional enriquecido por un
subwoofer integrado na base de levitación.
A baterÃa recargable do altofalante permÃtelle funcionar até 10 horas
ininterrompidas, aÃnda que cómpre salientar o feito de que, cando está a piques
de rematar a súa carga, o altofalante pousa sobre a base de levitación para
cargarse sen fÃos, sen intervención do usuario nin interrupción da música.
Amais, estamos ante un trebello con certificación IPX7, ou sexa, que pode
empregarse en exteriores, xa que soporta as inclemencias meteorolóxicas.
Para unha maior comodidade, o PJ9 pode conectarse a 2 dispositivos Bluetooth
simultaneamente. Polo momento non se coñece a data de lanzamento nin o prezo
que terá este produto, pero podemos lembrar que o OM/ONE vendÃase inicialmente
a 179 dólares.
- O altofalante PJ9 destaca polo seu orixinal deseño, prometendo tamén unha boa calidade sonora.