LG presenta un altofalante que integra o Asistente de Google
xoves, 28 de decembro do 2017
LG
vai levar ao CES de Las Vegas varios altofalantes que van dende barras de
son con Dolby Atmos até altofalantes portátiles, pasando por un produto
especialmente interesante, o LG ThinQ Speaker, que serÃa o primeiro altofalante
premium da marca con intelixencia artificial conectada, ou sexa, que estamos ante
un altofalante que integra o Asistente de Google.
O LG ThinQ Speaker non só pode empregarse para utilizar o Asistente de Google
como se estivésemos a empregar o noso smartphone (preguntándolle curiosidades
ou a predición do tempo), senón que tamén pode aproveitarse para controlar
outros dispositivos conectados do fogar mediante ordes de voz.
Dende LG inciden no feito de que estes novos altofalantes coidan a calidade
sonora, para o que fan uso de tecnoloxÃa Meridian Audio. Tamén son compatibles
con ficheiros de alta calidade sen perda, de xeito que poden recrear os sons de
estudio con fidelidade.