LG presenta monitores deseñados para os últimos MacBook e MacBook Pro
venres, 28 de outubro do 2016
- Os novos monitores de LG chegan en tamaños de 27 e 21,5 polgadas
Da presentación do novo
MacBook Pro hai quen entende que Apple está a deixar un tanto de lado o
negocio da informática persoal e profesional, e continúa a medrar enormemente a
cantidade de produtos do seu catálogo que seguen sen recibir renovación, aÃnda
que hai outros fabricantes que atenden a demanda, como LG, compañÃa que vén de
presentar un
par de novos monitores deseñados especificamente para o seu uso con últimos
MacBook e MacBook Pro.
Por unha banda temos o monitor
UltraFine 5K de 27 polgadas con Thunderbolt 3, que presume dun panel IPS
cunha resolución de 5.120 x 2.800 pÃxeles que presume de grande precisión de cor
e amplo ángulo de visión, e que serÃa o primeiro do mercado en ter unha
resolución 5K a través de Thunderbolt 3, porto que serve para a transmisión de
audio e vÃdeo, asà como da propia enerxÃa para alimentar a pantalla. Amais,
este monitor integra 3 portos USB-C para poder ampliar a conectividade do portátil
dun xeito moi práctico (especialmente para accesorios que vaian a empregarse
sempre no escritorio, que deste xeito non terÃan que andar a conectarse un a un
ao ordenador, xa que poderÃan deixarse sempre conectados á pantalla). Esta
pantalla conta cunha magnÃfica integración con macOS, de xeito que incluso o
brillo e o volume pode controlarse directamente dende o ordenador, non sendo
preciso ningún botón fÃsico na pantalla que tamén conta con cámara frontal e
micrófono para facilitar as viceoconferencias a través de FaceTime. O seu prezo
de venda serÃa de 1.399 euros.
Para escritorios de tamaño máis reducido pode resultar máis interesante o monitor
UltraFine 4K de 21,5 polgadas, que conta cun panel IPS cunha resolución de
4.096 x 2.304 pÃxeles, comunÃcase co ordenador por USB-C e tamén integra 3
portos USB-C para conectar accesorios. O seu prezo será de 749 euros.