LG estrea a pantalla OLED máis grande do mundo
xoves, 19 de novembro do 2015
En colaboración coa firma de deseño francesa Wilmotte &
Associés, LG desenvolveu o que serÃan as
dúas pantallas OLED máis grandes do mundo, que instalou na terminal
principal do Aeroporto Internacional Incheon en Seúl, e que están compostas por
140 paneis OLED curvos de 55 polgadas situados a 13 metros de altura ao longo
de 8 metros. Estas pantallas xigantes serven asà para amosar unha ampla
variedade de contidos que demostran as capacidades da tecnoloxÃa OLED, que ao
contar con iluminación en cada pÃxel (ou sexa, que carece de retroiluminación)
consegue uns resultados impresionantes á hora de amosar, por exemplo, imaxes de
fogos artificiais de noite.
A tecnoloxÃa OLED tamén permite que esta estrutura de pantallas sexa o
suficientemente lixeira como para que poida pendurarse do teito do aeroporto
sen ter que instalar unha grande estrutura que soporte o peso, deixando claras
moitas das vantaxes da tecnoloxÃa OLED, que está chamada a converterse no
vindeiro estándar nos televisores domésticos, sucedendo aos actuais televisores
con tecnoloxÃa LED.